Inicio
Fotos
Foro
Historia
Socios
Club
Clinic
Crónicas
Categoría Base
Categoría Senior
Organización
Patrocinadores
Contacto

Novas

 

02/12/2009
Nova derrota do BM Rocamar Pontedeume

Por segunda semana consecutiva, o conxunto eumés sofre un novo batacazo ao perder por dous goles de diferencia ante o S.A.R Peguform o pasado sábado.

O conxunto eumés tras bó comezo de partido no que intentou distanciarse do equipo local, non logrou manterse estable e non soupo aproveitar a ventaxa no marcador, polo que o contrincante non tardou moito en intentar contrarestar goles ata rematar a primeira parte cunha ventaxa de dous goles no marcador.
Cabe destacar que foi un encontro moi axustado no que os dous equipos foron igualados case todo o partido, polo que ata o final do encontro non baixou o grao de intensidade nin o entusiasmo aportado por ambos equipos.

Do noso equipo resaltamos a boa defensa nalgunhas ocasións de vital importancia, así coma tamén o bó papel do porteiro durante a segunda metade, o cal axudou a limar tensións e animou a poñer toda a concentración no encontro coma era necesario.

Lamentamos os numerosos erros no ataque, pero tamén somos conscientes de que a defensa do rival foi dura ata o final do partido, o que impedia ter ocasións claras de gol que xunto cos erros do disparo a porta nos distanciaba máis de acadar a vitoria.

Finalmente o resultado foi de 31 a 29 favorable ao conxunto rival, pero sabemos que o noso equipo e máis que válido para gañarlles máis adiante na casa e recuperar así os puntos perdidos.

Un equipo xuvenil escaso de xogo

No que ao equipo xuvenil refírese, temos que facer fincapé nos xogadores sobre a falta de xogo en equipo así coma nos numerosos erros durante a meirande parte do tempo nos seus pasados encontros.

Entendemos que no campo determinadas circustancias dificultan a concentración no xogo así coma a estabilidade física e emocional, pero temos que recordarlles que todo encontro é o resultado da intensidade dos entrenamentos e do grao de aprendizaxe que un invirte durante tal momento, polo que reiteramos que modifiquen a súa conducta, e asistan aos entrenamentos con entusiasmo, ganas de aprender, bos modales, e que fagan os exercicios con ritmo e intensidade, e así lograran saír dun bache, ata agora permanente, no que se atopan inmersos.

Por suposto felicitamos ao adestrador polo gran esforzo invertido, así coma tamén, pola inesgotable paciencia que está a ter ata o de agora.

Sen máis que mencionar, desexámoslles ánimo e entusiasmo por querer mellorar.

Próxima Xornada:

  • Sábado 12 de Decembro de 2009:
  • BM Pontedeume VS ED. Poio Artai  (Categoría Xuvenil) HORA: 12:15Hrs. Pavillón a Casqueira”
  • BM Rocamar Pontedeume  VS A.D Galicia Social (Categoría Sénior); HORA: 18:30Hrs. Pavillón “A Casqueira”

 


20/11/2009
Próxima Xornada:

  • Sábado 21 de Novembro de 2009:

1. BM Pontedeume VS BM Teucro (Categoría Xuvenil) HORA: 10:30Hrs. Pavillón “A Casqueira”

2. BM Rocamar Pontedeume  VS BM Conxo (Categoría Sénior); HORA: 18:30Hrs. Pavillón “A Casqueira”


12/10/2009
Folgada vitoria do BM Rocamar Pontedeume ante o Fishing Work Viveiro

Unha vez máis o conxunto eumés outorga ao súa aficción unha alegría, ao imporse en Pontedeume, comodamente, ao Fishing Work Viveiro nun partido que non só resultou fácil, senón que tamén serviu como exemplo para demostrar que os bos resultados son produto dun gran esforzo e dunha gran aprendizaxe que se está dando nas filas do conxunto eumés.

Con importantes ausencias no campo como foron as de Alberto e Gugui, non faltou quen tomase a iniciativa de levar as rendas do equipo sen deixarse intimidar polo equipo rival, axudando con iso non só a incrementar notoriamente o número de goles, senón tamén a manter motivados e esperanzados aos compañeiros e aos espectadores que coma sempre non deixaron de animar.

Sen ningunha dúbida, cabe destacar o papel fundamental de todo o equipo levado a cabo en defensa ao longo de todo o encontro, así coma tamén a contundencia no ataque, o cal non só foi eficaz, senón tamén estable e sen perdas de balóns ao longo do encontro, algo que viña prexudicando ao equipo en encontros anteriores.

A maiores destacar o papel de xogadores como Titi con 11 goles, Iván con 4, Unay con outros 4 e todos os que lograron incrementar o número de goles a vez que mantiñan a nosa portería protexida cunha contundente defensa.

Finalmente, e pese a baixar a intensidade nos últimos cinco minutos, o resultado foi de 29 a 20 favorable para o conxunto eumés, polo que felicitamos ao equipo sénior e desexamos que continúe así esta boa racha.

Próxima xornada:

• Sábado 14 de Novembro de 2009:

1. BM Narón VS BM Rocamar Pontedeume (Categoría Sénior); HORA: 18:45Hrs. Pavillón As Lagoas

2. BM Caixanova Oar VS BM Pontedeume (Categoría Xuvenil) HORA: 20:25Hrs. Pavillón San Francisco Javier.

Os dúas categorías xogan fóra de casa.


30/10/2009
O BM Rocamar Pontedeume inicia a tempada cunha axustada vitoria

Nun dos encontros máis complicados da tempada, o conxunto local eumés, demostrou unha vez máis que loitará por ocupar os primeiros postos da táboa de clasificación, sen deixarse intimidar polo rival, e sen perder a concentración e o ánimo durante todo o encontro. Tras un inicio axustado ao longo da primeira, e que continuo durante un amplo período de tempo da segunda metade, o conxunto eumés soubo responder manténdose implacable grazas ao gran esforzo dos xogadores, e das acertadas intervencións dos porteiros, logrando finalmente impoñerse ao rival obtendo unha vitoria cunha mínima diferenza dun gol a favor no marcador, sendo o resultado final de 29 - 28 favorable para o conxunto eumés.

Próxima xornada:

• Domingo día 1 de Novembro de 2009:

1. A. Agnusdei Meaño VS BM Rocamar Pontedeume (Categoría Sénior); HORA: 12:15Hrs.

2. BM Tui VS BM Pontedeume (Categoría Xuvenil) HORA: 12:00Hrs

Os dúas categorías xogan fóra de casa.


22/10/2009
O BM Rocamar Pontedeume, inicia a tempada con ánimo e entusiasmo

Tras unha longa espera, o equipo sénior eumés iniciará este sábado a liga, no que será posiblemente, un dos partidos máis axustados e duros de inicios de tempada, contra un combativo opoñente como é o Canfocal Lavadores. Durante as pasadas semanas, o equipo demostrou estar en forma nos distintos encontros da Copa Federación de 2ºDivisión Autonómica, no entanto, puido apreciarse un alto grao de inestabilidade na concentración dos xogadores, o cal esperamos non sexa un lastre para os posibles encontros futuros, e poder optar un ano máis a liderar a clasificación e a manterse nos postos de ascenso aos que todo gran equipo aspira. Por iso, animamos aos xogadores, desde o inicio da tempada a seguir traballando e mellorando, ás ordes do adestrador Ignacio Permuy.

Próxima xornada:

• Día 24 de Outubro de 2009:

1. BM Pontedeume VS BM Narón (Categoría Xuvenil); HORA: 12:00Hrs.

2. BM Rocamar Pontedeume VS Canfocal Lavadores (Categoría Sénior) HORA: 18:30Hrs