Inicio
Fotos
Foro
Historia
Socios
Club
Clinic
Crónicas
Categoría Base
Categoría Senior
Organización
Patrocinadores
Contacto

Historia
   
O Clube Balonmán Pontedeume

Para comezar gustaríame facer unha referencia histórica deste deporte na nosa vila. Dicir que en Pontedeume xogase a balonmán dende fai máis de 50 anos. Xa hai referencias de balonmán en Pontedeume no ano 1956, no que o balonmán que se practicaba era de 11 xogadores de campo, pasando na década dos setenta a xogar xa o balonmán actual de 7 xogadores de pista.

Na década dos oitenta o balonmán na comarca de Ferrol alcanza un numero importante de equipos, tendo coma referencia a Escola de Maquinas, que naquel momento participa na 1ª División Nacional.

O balonmán en Pontedeume, continua a sua formación, acadando moi bos resultados neste comezo, formando parte como sección de balonmán da Sociedade Deportiva Eumesa. Por aquel tempo o campo de xogo do equipo era a pista Juan Sarmiento, có chan de cemento. Anos máis tarde, o campo de xogo pasa ó pavillón municipal, naquela época sen teito, sufrindo cas condicións metereoloxicas.

Este equipo de balonmán acada bos resultados na liga chamada territorial norte, participando en varias fases de ascenso como, con distintos nomes:

- En Lugo como S.D Eumesa non se acadan bos resultados.
- En Lalin como S.D Eumesa precisamente e nesta fase donde se consegue o primeiro ascenso a Segunda División Nacional. Ó paso e fugaz, e ó ano seguinte descendese de categoría.
- En Porriño xa como “Couceiro Freijomil”.
- En vigo como “Couceiro Freijomil”.

O nome do equipo naquel momento era “Couceiro Freijomil”, como o colexio de primaria de Pontedeume. O apoio do Director do colexio, D. Ignacio Dosil Felipez, foi fundamental e moi importante. E precisamente con este nome cando aparecen as categorías inferiores, xuvenil feminino e masculino no balonmán eumés.

Importante recordar as fases de ascenso celebradas en “Pontedeume” nos anos 1986 e 1987, máis ben organizadas polo balonmán Pontedeume pero desenroladas no Pavillón de Barallobre (Fene), pois naquel tempo o Pavillón de Pontedeume non estaba cuberto. Os resultados nestas fases non son os esperados e non se conseguen acadalo ascenso. O remate das obras do Pavillón Municipal A Casqueira datan do ano 1988.

Aínda que a historia do club con este nome sexa recente, si cabe destacar o traballo que se vén facendo dende entón, un traballo que dou os seus froitos nestes últimos anos conseguindo uns resultados impensables e nalgúns casos históricos.

Non esta demais dicir que anteriormente ó ano de fundación do club (1993), era unha parte dunha sociedade deportiva que englobaba balonmán, fútbol, e outro tipo de actividades, era a Sociedade Deportiva Eumesa nomeada anteriormente.

O club nace o 13 de decembre de 1993, có fin de fomentala actividade deportiva. Como dato importante nombrar un a un os socios fundadores de Club Balonmano Pontedeume, cos seus respectivos cargos:

- D. Juan Sarmiento Álvarez. (Presidente)
- D. Jose Manuel Abeledo Piñeiro. (Vicepresidente).
- D. Jose Ramón Agras Fernández. (Secretario).
- Dña. Rosa Calvo Riveiros. (Tesoureira).
- D. Belarmino Freire Bujía. (Vocal).

Acompañan tamen a estos socios fundadores, un grupo de vocales para completala primera Xunta Directiva:

- D. José Calvo Rodríguez.
- D. Manuel Bouza Faraldo.
- D. Jose María Cernadas Díaz.

No ano 1993 comézase unha labor dirixida ás Categorías Base que ata entón non tiñan unha organización deportiva moi marcada. Sen embargo a categoría sénior que xa estaba consolidada no panorama autonómico co nome de Club Balonmán Sociedade Deportiva Eumesa anteriormente, xa alcanzara retos importantes, como xa comentamos anteriormente.

O segundo ascenso á Segunda División Nacional acadase no ano 1993 despois de xogar varias veces dita fase; cabe destacar que naquela época,(decada dos 80, principios dos 90), as fases eran concentracións dunha fin de semana onde se xogaban 3 partidos, nos cales se decidía os equipos que ascendían ese ano.

Aproveitando este bo momento do balonmán e un importante patrocinador (AUDASA), partimos esa mesma tempada cas categorías de alevín, infantil, cadete, xuvenil nas ligas e copas da Zona Norte (nacendo neste momento unha xeración de xogadores que máis tarde levaría ó club cara uns logros e éxitos deportivos impensables ata daquela)

Obviamente tamén partíamos co equipo sénior (en 2ª División Nacional) todas elas masculinas. Nesta tempada o equipo cadete conséguese meter na Fase Galega de Clubs, algo impensable ata ese momento. Pola contra, o equipo senior descende de categoría, pagando cara a inexperiencia nunca competición moi dura por aquel entón. Nesta época o equipo está composto por una mezcla de xente de Pontedeume (a maioría), e xente de fóra. O adestrado naquela época era Cayetano Saavedra “tano”, que o consumarse o descenso deixa o club ó final da tempada.

En 1994, ca continuidade do patrocinio de AUDASA, organízase un partido a nivel internacional entre o equipo sénior e un equipo ruso, formado por xogadores que anos atrás foran campións do mundo ca selección nacional dese mesmo país.

As bancadas do Pavillón Municipal énchense completamente, incluso engadíndolle á parte baixa do mesmo unhas gradas supletorias cedidas moi xentilmente polo Concello de Ferrol. Este evento aínda achegou máis rapaces/as para formar parte das categorías inferiores, e moveu unha masa social bastante importante a nivel de socios.

Nos anos sucesivos aparece un momento de transición no equipo sénior. Aínda así conséguense bos resultados na Liga Territorial Zona Norte (o equipo gaña o Campionato Territorial Zona Norte 3 veces e a copa outras tantas). As Categorías Base seguen medrando aportando xogadores no ano 1996 para un cursiño que reuniu en Pontevedra (organizaba a S.D Teucro), a mais de 100 rapaces durante a Semana Santa dese mesmo ano.

No ano 1997, comezando a notar unha baixada de nenos/as con gañas de practicar balonmán, debido principalmente ó descenso de categoría do equipo sénior no ano 1994, o club pon en marcha o I Clinic Club Balonmán Pontedeume, ca principal finalidade de captación de rapaces/as para as categorías inferiores. Este Clinic supón outra boa xeración de xogadores que, co paso dos anos, uniríase á anterior cegando a metas moi altas. Deste Clinic tamén sae un equipo feminino da categoría infantil. Aquel ano non se participa en competición, nin con categoría infantil nin benxamin, pois económicamente era imposible.

Neste momento moitos xogadores das Categorías Base comezan a formas parte de seleccións e preseleccións autonómicas de distintas categorías. Incluso algún pasa a formar parte de equipos importantes de Galicia como Teucro de Pontevedra.

A partir do ano 1998 o equipo sénior, despois de conseguir varios títulos de Liga Territorial Zona Norte e Copa, convértese nun equipo fixo nas fases de ascenso á 2ª División Nacional, sen conseguir nestas fases o éxito esperado. Con respecto a categorías inferiores, o club segue a ter do orden de 75 nenos/as nestas. Por estas datas incluso conta cun equipo xuvenil feminino adestrado por Jose Maria, ex porteiro do club na década dos oitenta.

No ano 1999 acontecen numerosos eventos relacionados ca promoción do balonmán. Na Semana Santa organízase o II Clinic do Club Balonmán Pontedeume (denominado de Iniciación ó Balonmán). Nesta ocasión o Clinic faise no pavillón do instituto, I.E.S Bréamo hoxe en día. A iniciativa deste evento parte de Manuela Lapique Calvo máis coñecida como “Chata”, profesora de Átocha, e adestradora naquelas datas do equipo cadete feminino, aparte de ter un cargo na xunta Directiva do Club.

Rodéase de 5 monitores para a realización do evento, todos ex – xogadores do Club. A participación foi un éxito, acadando un número considerable (50 nenos/as) con respecto ó ano 1997. Coma no anterior Clinic o Club con fondos propios financia as actividades.

Seguindo nese mesmo ano, organízase un torneo de Nadal en memoria do que fora Secretario e socio fundador da Sociedade dende o ano 1992 ata 1999, D. Jose Ramón Agras Fernández; no chamado I Memorial “Pepe Agrás”, participan os clubs BM.Cangas (Asobal) e Fadesa Oar Coruña (1ª División Nacional).

En abril o equipo cadete masculino, adestrado por Agustín López Álvarez, clasifícase para a Fase Galega celebrada en Bueu, no que acada unha máis que magnífica 5ª praza, xogando contra equipos de cidades moito máis importantes en número de habitantes e economicamente que Pontedeume, coma Bueu, Cangas, Teucro(Pontevedra) e Vigo.

O galardon da gala do deporte recae en Jose Deus, xogador saido das categorías base do club, que chega a fichar pola S.D Teucro de Pontevedra no ano 1995 e representar a Galicia en varios eventos nacionais na selección. Posteriormente xogaria varios anos en segunda e primeira división nacional no OAR da Coruña, antes de voltar a Pontedeume no ano 2002, para iniciala tempada 2002/2003. Podemos dicir que este xogador pola sua traxectoria e o xogador máis representativo do club, pois a sua traxectoria así nolo di.

Nos anos 2000/01/02 o Club ten un gran nivel de xogadores no equipo sénior e Categorías Base, que supón que o equipo máis importante da provincia, o Fadesa Oar Coruña, puxera os seus ollos nestes xogadores, fichando a algúns deles para as sucesivas tempadas.

Dicir que en mayo do ano 2001, o socio fundador e Presidente do club dende a sua fundación como Club Balonmano Pontedeume, D. Juan Sarmiento Álvarez, abandona o cargo, e pasaria a ocupalo mesmo D. Jose Manuel Abeledo Piñeiro, anterior vicepresidente-secretario do club. Rodease este de xente da sua confianza como, Pedro Urbano Rodríguez, Agustín López Álvarez, Jose Bouza faraldo, Santiago Salgado Leira, etc…

A gala do deporte premia a Evaristo Amado, como xogador máis valioso da tempada, na sección de balonmán.

Os xogadores emigrados a equipos como Teucro e Fadesa regresan á disciplina do Club na tempada 2002/03.

Na tempada 2002/2003 xúntanse xeracións anteriormente descritas e forman un equipo de garantías de éxito, formada por xogadores todos de Pontedeume; xogadores que estiveran nesas Categorías Base do Club e adestrados por un eumés Jesús Rodríguez “Susi”, que rapidamente contaxia o seu carácter gañador ó equipo. Ese ano o equipo senior acada o Campeonato de Liga Zona Norte, campión de Supercopa, subcampeonato de Liga Fase Autonómica e ascenso a Segunda División Nacional despois de 10 anos, cun gran respaldo de público cada partido. Un ano este, no que o comezo pénsase en non saír á xogar na competición por falta de patrocinador, e con verdadeiros problemas económicos, poñendo incluso cartos dos seus petos os xogadores para inicia-la tempada.

Aparecen aquel ano Construeume e Electricidad Permuy así coma a familia Torre Iglesias, que có seu aporte e máis os socios coma sempre, acadase saír na competición territorial.

A nivel Directiva xorden novos cambios, o Presidente por motivos persoais dimite do seu cargo, herdando o mesmo o vicepresidente D. Pedro Urbano Rodríguez, ocupando el cargo de vicepresidente D. Juan Cabana Leira.

Non contentos có resultado da tempada anterior, na tempada 2003/204 o equipo senior acada a terceira posición na 2ª División Nacional e despois de ir de primeiro nos dous tercios da liga, unha clasificación esta histórica e non acadada con anterioridade neste clube. Ese ano conséguese un patrocinador que fai un aporte económico importante á entidade, TECHNOVIDEO.

Estes bos resultados, vense reflejados nas Categorías Base, que daquela seguían formadas por un número considerable de rapaces/as (65 nenos/as), xogando en toda-las categorías da Delegación Norte de Balonmán. Nesta tempada tamén medra a afluencia de público ó pavillón, conseguindo darlle unha cor especial ás bancadas en cada encontro que xoga o equipo sénior na casa. Nótase tamén esta situación do equipo no aumento de socios (de 100 a 200) nesa tempada.

Eran bos momentos, e esta boa situación axudaba para esquecer que a situación económica do Club non era boa. Aínda que sexa de modo anecdótico, esta tempada fíchase a un xogador cubano para cubrir as necesidades do equipo na portería, Irán Danger, procedente do Fadesa OAR Coruña.

Na gala do deporte eumes este ano o galardon recae en Santiago Rodriguez.

Na tempada 2004/05 continúan os bos resultados, aínda que non tan bos como dos anos anteriores. Máis ben éntrase nunca dinámica no equipo sénior de sensación de cansancio desta xeración, a xente comeza a traballar e antepón este traballo, como e lóxico, a adestrar tres días á semana. Nese momento o patrocinador segue a ser TECHNOVIDEO, aínda que xa comeza a mostrar síntomas de querer abandonar o patrocinio. Acabamos na metade da táboa clasificatoria, cumprindo o obxectivo marcado para esa tempada, nos descender de categoría. Esta tempada marca a volta de Cayetano Saavedra “Tano”, 10 anos despois do seu paso fugaz polo club.

A tempada 2005/06 comeza cunha noticia que vai marcar o transcorrer desta tempada: o patrocinador TECHNOVIDEO, 10 días antes de inscribir ó equipo en competición, comunícanos o abandono do patrocinio do Club.

A necesidade de cartos para inscribir ó equipo lévanos a unha situación de incertidume no seno do Club e unha alteración da programación da tempada que estaba a piques de comezar. Á semana seguinte aparece un patrocinador LAGARES, unha empresa de construcción que nese momento está construíndo na vila. O presuposto do Club vese reducido considerablemente. Esa tempada fichase a José Diaz, adestrador importante dentro da comarca e provincia, con importante currículo.

A gala do deporte eumés no ano 2005, premia no galardon destinado ó balonmán a Rubén Veiga “Ruti”, peza fundamental naquela época do quipo senior. Tamén a organización do evento ese ano, impón unha mención especial a dous directivos, pola sua adicación a fomentar este deporte durante tantos anos, Santiago Salgado Leira “moco” y Jose Bouza Faraldo.

A situación anteriormente descrita deportivamente afecta pouco ou nada ós xogadores que compoñen os equipos do Club naquel intre, desconectan desa situación difícil e comezan a ben a tempada, sobre todo con moita ilusión.

Pero esas primeiras sensacións, quedan neso en sensacións pois deportivamente podemos dicir que o equipo sénior segue en caída libre e xoga por non descender de 2ª División Nacional esa tempada contra o Club Sárdoma de Vigo. O equipo salva a categoría “in extremis”.

As Categorías Base cada vez teñen menos rapaces, saímos como sempre con tódalas categorías, pero cun descenso de nenos; non así de nenas, e ese mesmo ano sae en competición un equipo feminino de cadetes, cun resultado máis que satisfactorio.

Neste momento tamén iniciase unha colaboración importante có deporte adaptado. En setembro do 2006 participamos nun partido exhibición na Malata, en Ferrol o primeiro partido en Galicia en silla de rodas contra a “Selección Galega de Balonmán en Cadeira de Rodas”. Esta selección galega estaba liderada por Alvaro Illobre, autentico impulsor deste tipo de actividades de deporte adaptado na comarca de Ferrolterra.

Na tempada 2006/07, por distintos motivos o Club descende de categoría ó non presentarse a dous partidos por desavenencias ca Federación e Comité de Árbitros, como resultado foi a dimisión da Xunta Directiva. Polo tanto, e antes de acabala tempada consúmase o descenso de categoría dunha maneira anómala, á metade da mesma, acabando así o paso do Club pola 2ª División Nacional despois de cinco tempadas consecutivas nesta, escribindo unha das páxinas mais gloriosas, por non dicir a máis, da historia do balonmán na vila dos Andrade.

Este descenso conleva, por unha parte a nivel económico a diminución do aporte do anterior patrocinador, converténdose nun colaborador máis do Club.

Vémonos obrigados a buscar varios para conseguilo presuposto necesario para afrontar os gastos da tempada 2007/08.

Por outra parte a nivel deportivo este descenso obríganos a facer unha renovación xeracional da plantilla e intentar coller xente xoven da categoría de xuveniles e saír esta tempada nunha categoría inferior. O descenso de nenos/as nas categorías inferiores esta tempada foi alarmante e preocupante, marcando estas categorías obviamente o futuro de tódolos clubs.

A Xunta Directiva, como ben diciamos anteriormente, encabezada por D. Pedro Urbano Rodríguez, dimite en pleno en decembro do 2006, por desavenencias con federación e comité de arbitros. O 4 de xaneiro do 2007 en asamblea extraordinaria, promovida por 20 socios, saen elexidos como directivos provisionais ata a próxima xunta ordinaria, D. Jose Ignacio Permuy Varela (Presidente), Rubén Lodeiro Feal (Secretario) e Victor Pelaz Abeledo (Tesoreiro).

Esta Directiva nova entra cunhas ideas de continuidade con respecto á etapa anterior ( boa xestión económica, inmellorables logros a nivel deportivo do equipo sénior, e obxectivos conseguidos en canto a equipo sénior, etc ), engadindo pequenos matices, coma plantexar un organigrama moderno e dinámico na parte deportiva, e concretamente nas Categorías Base do Club, para fixar eiquí os novos pilares da entidade e, por outra parte, básicos para afrontalo o futuro con garantías de continuidade no equipo sénior.

Sobre todo retomar as relacións, inexistentes naquel momento, cá Federación Galega de Balonmán, eran prioritarias, pois entendía esta nova directiva que dita situación non levaba a nada, e entendiamos que canto máis tempo pasara máis difícil ía ser retomalas.

En Xaneiro do 2007 as categorías inferiores estaban formadas por:

-Alevín……………10nenos/as
-Xuveníl…………12nenos
Total…………22nenos
Coma primeira actividade, e sempre pensando na Base, e atendendo ó escaso número de nenos/as que tiñamos nesta, organizamos o III Clinic Clube Balonmán Pontedeume no pasado mes de abril, cun éxito rotundo, cegando a xuntar no Pavillón Municipal cen rapaces/as de idades comprendidas entre cinco e trece anos.

E esta é a liña que queremos plantexar para o futuro, un traballo en categorías inferiores ordenado e dirixido por persoas profesionais e formadas, para conseguir reforzar ano a ano ó equipo señor.

Despois deste evento o número de rapaces/as medra considerablemente, incluso conseguindo categorías ata o de entonces inéditas no Club, coma é o caso da Categoría de Benxamín.

Como dato anecdotico, celebrase en Pontedeume no mes de maio a Gala do Deporte, recibindo o galardon de balonmán Alberto López Cabrera.

En setembro do 2007 voltamos a involucrarnos ca causa do deporte adaptado, e despois dos bos resultados acadados no 2006, e con motivo das festas patronais de Pontedeume, xogamos outro partido desta índole, pero esta vez quixemos ir máis aló. Comunicámoslle a idea á Federación Galega de Balonmán, pois a nosa intención non era outra que conseguir xogar o primeiro partido en cadeira de rodas en España con árbitros federados e ser así pioneiros nesta práctica deportiva recentemente creada.

A Federación Galega subvencionounos os árbitros. Ó partido asistiron numerosas autoridades como a corporación municipal da nosa vila, e o Xefe de Servizo de Deportes da Delegación Provincial da Coruña, D. Enrique Xoán Rodríguez Pantín.

Antes do comezo do partido tivemos que argallar unhas normas parecidas ó do baloncesto en cadeira de rodas cos colexiados, pois aínda non hai normativa referente a este deporte.

O resultado do partido o de menos, este partido gañámolo todos.

Na tempada 2007/2008, afrontámola con ilusión e gañas de voltar á Segunda División Nacional (agora denominada 1ª Autonómica) co equipo sénior, cun equipo moi xoven ( xente a maioría procedente do equipo xuvenil do ano pasado) , e con pouca experiencia nesta categoría de 2ª autonómica( abrangue Provincias de A Coruña e Lugo).

En marzo do 2008, organizamos o IV Cursiño Club Balonmán Pontedeume, cunhos resultados moi parecidos ó do ano anterior.

Esta tempada decidimos incluír neste evento non so a formación e iniciación de rapaces/as, senón que tamén incluímos unha sesión teórica para formación de adestradores de toda a comarca, que trataba sobre “organización e adestramento nas categorías base”, esta sesión a imparte Alejandro López Villaverde, adestrador nacional, cun importante currículo na máxima categoría e con grandes logros no seu palmares.

Unha vez rematada a primeira fase de 2ª autonómica, o equipo sénior acada a segunda posición na liga, clasificándose para a fase de ascenso a 1ª autonómica que se celebrara en Lalín o derradeiro fin de semana de abril. O ascenso non foi posible, pero a ilusión de ascenso para a tempada 2008/09 non no la quita nadie.

Autor: Jose Ignacio Permuy Varela