19/11/2007 Encontro de rivalidade cunha parte para cada equipo. Para os de Narón iría o primeiro tempo, cun xogo rápido e efectivo nos primeiros minutos de encontro propiciado nalgúns casos polos erros cometidos en ataque polos eumeses.. Este bo xogo propiciou que os locais colleran un 3-0 de inicio, cunha boa efectividade no tiro. Esta efectividade levou que colleran unha ventaxe incluso de 6 goles durante a primeira parte. Nos últimos 10 minutos do primeiro tempo, e despois dun tempo morto pedido por Santiago Salgado, o equipo eumés espertou do seu letargo, e nese tempo maquillou algo o resultado, sendo este de 16-14 ó descanso. Polo xogo despregado polo noso equipo, e despois de todolos erros cometidos ata ese momento, nada bo podia presaxiarse de cara á segunda metade. Esta segunda metade iría claramente para os eumeses, que disfrutaron de diferencias de ata 5 goles. No comezo da segunda metade, producese unha pequena alternancia no marcador, pero non durou moito, o balonmanpontedeume.es puxose por diante e xa non perderia esa posición ata o final do encontro. A boa actuación da defensa unido ó bo facer dos porteiros,(só recibiron 12 goles no segundo tempo), propiciu có equipo de Santiago Salgado gañara o partido ó final con autoridade, non reflexada no marcador final 28-31. Xogaron e anotaron: NARÓN: 28 BALONMANPONTEDEUME.ES: 31
|
||