17/12/2007 Trala analise e reflexión feita dende a delegación territorial de balonmán da zoa norte, e o chamamento os clubes da mesma para aportar rapaces/as que quixeran árbitrar, e así conseguir ter nun futuro árbitros nesta zoa, o Club Balonmán Pontedeume aportou un ex- xogador Enrique Taboada Vicos e un xogador Héctor Piñeiro para a primeira fase deste cursiño e que ben de rematar, conseguindo a denominación de árbitros aspirantes da Delegación Territorial Norte de Balonmán. Cremos que este e un primeiro paso antes de conseguilo obxetivo que teñen marcado, que non e outro que ser árbitros de balonmán. Este, ó noso entender, e un paso moi importante para os clubes desta zoa , sobre todo a nivel económico, pois o precio das arbitraxes disparouse esta tempada por mor de non haber árbitros na Provincia da Coruña. Dende aquí animamos ó resto de clubes que aporten rapaces a esta iniciativa que nos vai beneficiar a todalas entidades, sobre todo nun ben que dentro dos clubes e cada vez máis escaso, como e o económico. Tamén esperamos dende este club, cá Federción de Balonmán coide e “mime” a estes rapaces/as para continuar cá sua formación e así chegar a ser árbitros.
|
||