17/12/2007
Victoria fácil do balonmanpontedeume.es antes do parón da competición de Nadal 37-26

Fácil encontro contra os de Lugo, equipo este do Balonmán Muralla, moi duro e con xente veterana, que sabe perfectamente o que facer en cada momento do encontro para desquiciar ó rival en determinados momentos do encontro, chegando incluso a desplegar o seu lado máis “combativo” no seu afan de conseguir un resultado positivo, incluso cun resultado tan adverso durante todo o encontro e incluso perdendo tan claramente coma o outro día en Pontedeume.

Nalgúnhas fases do encontro os eumeses entraron nese xogo de”combativo” có rival, e o resultado puido tornarse algo peor do que foi ó final do mesmo.

Polo que respecta ó xogo, foi un encontro de moitas inmprecisións, sobre todo dos eumeses, que en ningún momento desplegaron o xogo que viñan facendo, pois hai partidos que se deben de gañar así, con moita garra e peleas neste tipo de encontros coma vulgarmente se dí, “a cara de can”.

Os de Santiago Salgado chegan a este parón de Nadal, nunha segunda  posición na taboa clasificatoria máis que meritoria, e agardando que  volte rápido a competición para seguir encaramado a esas posicións da zoa alta da mesma.

Xogaron e anotaron:

Balonmanpontedeume.es: 37
Héctor, Pablo (2), Manuel (1), Bruno (4), Iván (3), Titi (8), Chapu (1), Alex (4), Gugui (4), Santi (3), César Pérez (3), Oscar, Alberto (5).

Balonmán Muralla: 26
Noel, Ángel Devesa(8), Alejandro Devesa (2), Héctor (6), Antonio, César, Juán, Marcos(4), Jesús, Manuel, Jose Alonso(4), Raúl(2).