Inicio
Fotos
Foro
Historia
Socios
Club
Clinic
Crónicas
Categoría Base
Categoría Senior
Organización
Patrocinadores
Contacto

Clinic
   

IV.  CURSIÑO   CLUB   BALONMÁN PONTEDEUME (INICIACIÓN  Ó  BALONMÁN)

Abrese o prazo de inscripción (gratuita) ata o 12 de marzo para todolos nenos e nenas que teñan entre 6 e 12 anos que desexen iniciarse no balonmán, e pasar nesta próxima Semana Santa, os días 22 e 23 de marzo, unhas xornadas  adicadas á práctica deste deporte. (En horario de 10:00 a 13:30 e 16:00 a 19:30).

A inscripción farase tanto no local social do clube, (no baixo do xulgado) os días luns, mercores e venres de cada semana entre as 19:00 e as 20:00 ou á mesma hora e días no teléfono 981433599 e 697 525443, nos colexios ou no pavillón municipal  “A Casqueira” (lugar de celebración do cursiño).

Todos os rapaces/as que asistan ó cursiño recibiran un agasallo. Entregaranse tamén medallas (a todolos rapaces), e trofeos os mellores equipos clasificados na minicompetición.

Prazas limitadas.

Asemade e incluida tamén nas actividades do cursiño, o día 28 de marzo  Alejandro López, adestrador da Federación Galega de Balonmán fara unha ponencia do tema, “O traballo e organización nas categorías base”, as 19:00h, no centro de maiores da Caixa Galicia de Pontedeume. Dirixido fundamentalmente a monitores, adestradores e profesores de E.F da comarca.

   Asdo: Jose Ignacio Permuy Varela
Presidente do Club Balonmán Pontedeume

+Consultar Calendario IV Cursiño Club Balonman Pontedeume


Galerías fotos:
Clinic galería 1